inicio
A organización e celebración de feiras monográficas supón un forte respaldo promocional e comercial para os sectores e profesionais representados.
Contribue, en grande medida, ao desenrrolo empresarial e social dunha comarca, rexión e país e, por tanto, á mellora das condicións socio-económicas do mesmo e á creación de benestar.Representa un grande elemento dinamizador e garante con creces o retorno da inversión, non somentes dando a coñece-la localidade senón con o consumo que realizan os visitantes.
Por elo, a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Narón apostóu por contratar a Eventi a organización de ExpoNarón, a I feira Multisectorial de Narón, e a primeira da provincia na que a participación será exclusivamente de empresas asentadas na localidade.
ExpoNarón nace con ánimo de continuidade, na seguridade de que será, co tempo, un grande evento dinamizador da Cidade.
Dende Eventi poñeremos todo o noso empeño e noso know-how para que ExpoNarón ofreza unha imaxe moderna e dinámica, e a súa organización e coordinación sexan do total agrado de expositores, visitantes e, por suposto, de noso patrocinador, o Concello de Narón.
Para os expositores, será unha grande oportunidade para darse a coñecer, facer transacións comerciais, acordos e colaboracións, aproveitándose duns prezos de participación meramente simbólicos.
Para facilita-la asistencia de público, a entrada a ExpoNarón será totalmente de valde, ata límites de aforo.
Veña a Narón. Visite ExpoNarón do 1 ao 4 de Abril de 2.010.
Será benvido.
Novedades no calendario e programa de actividades: ver



