Novas
Exponarón chega á súa fin |
| Publicado por Angela (angela) el Apr 04 2010 |
Durante a terceira xornada prodúxose de novo o sorteo dunha cámara dixital cuxo afortunado foi Jesús Cobelo López e dun vale de compra por valor de 50€ en Panadería Santy que foi parar a Narón, máis concretamente para Carmen Gaveiras Carrodeguas.
A última xornada estivo marcada polas despedidas, tanto entre os expositores, como cos membros da organización ou as actividades da ludoteca, onde os máis pequenos xa entablaran amizade. Asimesmo, a feira pechouse cunha foto de familia na que estiveron presentes representantes de tódolos expositores, así como da organización do evento.
O certo é que Exponarón despídese poñendo xa as súas miras na próxima edición, traballando en superar os resultados desta e satisfeitos do gran paso dado en Narón coa organización da súa primeira feira multisectorial; feira coa que sen dúbida logrouse dinamizar a cidade en xeral e o barrio de Piñeiros en particular.
Ultimo cambio: Apr 04 2010 a las 6:18 PM
Volver


