Novas

Terceira Xornada de Exponar贸n repleta de actividades

Publicado por Angela (angela) el Apr 03 2010
Novas >>

 

A segunda xornada da feira estivo marcada pola gran afluencia de público, posto que, ás 800 persoas que visitaron a feira durante  a súa primeira xornada, hai que engadir alrededor de 1.200 que visitaron a feira durante o segundo día (en total 2.000 persoas visitaron a feira durante os seus dous primeiros días). A meirande parte do público congregouse durante a tarde, máis especialmente entre as 17:00 e as 19:00 horas.

Foi a xornada do venres a que tamén rexistrou unha maior afluenza de nenos na ludoteca, onde realizaron actividades como a confección de máscaras, talleres de debuxo e pintura, maquillaxe facial, xogos populares, etc.

O certo é que, é este servizo de ludoteca permanente e de balde o que recibe as mellores críticas por parte das familias que visitan a feira, posto que poden facelo dun xeito moito máis relaxado ó tiempo que os seus pequenos atópanse do máis entretidos.

No día de hoxe, terceira xornada de Exponarón, as inclemencias meteorolóxicas non deron tregua durante a meirande parte do día.

A afluenza de visitantes durante a mañá alcanzara aproximadamente unhas 200 persoas.

As degustacións gratuitas do día, que puideron disfrutarse a partir das 12 do mediodía e durante as primeiras horas da tarde, foron servidas novamente gracias á colaboración de panadería Santy. Tódoslos asistentes puideron catar de primera man a famosa bica da casa, unha tarta de mazá en base de hoxaldre e crema e una empanada de bonito.

O certo é que Exponaron acércase xa á que será a súa derradeira xornada coa satisfacción de levar a cabo por primeira vez en Narón, un evento destas características e coa intención de continuidade dun xeito anual.

Dende a organización invitamos a todos aqueles que ainda non se acercaran á feira, a visitar Exponarón.

Degustación SantyServicio de Ludoteca 

 

 

Ultimo cambio: Apr 03 2010 a las 4:43 PM

Volver