21/02/2020
A Concellería de Promoción Económica do concello de Narón, xunto coa colaboración de Eventi, organiza este ano 2020 o “Concurso de Tapas de Entroido 2020”, co que se pretende promocionar e promover o sector hostaleiro, a restauración e o turismo en Narón.O “Concurso de Tapas de Entroido 2020” celebrarase entre o 21 de febreiro e o 1 de marzo de 2020.Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos dedicados á hostalería e restauración do Concello de Narón, que así o soliciten e cumprimenten o modelo de inscrición e a ficha de participación en tempo e forma.
Finalizado