Eventos

O obxectivo deste Mercado é o de presentar á cidadanía unha oferta lúdica ambientada na primavera, cunha temática e contidos para todos os públicos relacionada con esta época do ano. A ubicación prevista é a do parque do río Freixeiro, na parte posterior de Madeiras Fernández. Divídese en 3 áreas: mercado propiamente dito, área gastronómica, e área musical. Mercado Contará con varios postos, algúns deles personalizados, tanto de venta como de exposición de produtos tales como: Froitas Produtos da horta Xardinería Produtos ecolóxicos Moda Artesanía Decoración etc. Área gastronómica Contará con varios foodtruck e/ou postos de elaboración de comida, e unha zona destinada a mesas e sillas. Área musical Onde están previstas actuacións en directo e música ambiental (CreativeCommons). Organiza Concello de Narón Datas e Horarios Previstos: As datas previstas son o 15, 16 e 17 de xuño de 2.018, estimando una periodicidade anual. Horario previsto do Mercado: de 11:00h a 23:30h Eventi elaborará un calendario que incluirá o programa de actividades.